un monte sostible para as vindeias xeracións

Por un monte vivo

O monte veciñal conta cun proxecto de ordenación e xestión inscrito no rexistro de montes da Xunta de Galicia co nº 360149
traballamos para a conservación e mellora do hábitat e por un monte socialmente beneficioso
Facemos unha xestión forestal sostíbel protexendo a biodiversidade, os ecosistemas e combatindo o cambio climático

Unha xestión forestal que beneficie a sociedade

diversidade

Fomentamos a diversidade forestal para mellorar o hábitat dos animais, promover o atractivo turístico, controlar os lumes forestais e convervar o auga dos mananciais.

Sustentabilidade

Traballamos para que o aproveitamento madeirable e doutros productos contribúan a manter a biodiversidade e a productividade.

Multifuncionalidade

Ademáis dos cultivos forestais tradicionais fomentamos cultivos alternativos como a castaña e outras froitas ou o uso do gando como silvopastoreo para frear o avance de especies invasoras.

función social

Traballamos pola conservación e mellora dos espazos de protección social, a mellora paisaxística de entornos degradados co obxectivo de de que a veciñanza poida desfrutar dun monte vivo.

20140819_114954
20150329_115323
sobreiras_pista

Un plan de xestión para pór o monte en valor

0 Ha
destinadas a bosques de frondosas
0 Km
de viais forestais que vertebran o monte
0 K
ingresos previstos por venda de madeira ata o ano 2023
0 K
Investimento en silvicultura ata o ano 2023 procedentes de recursos propios
0 %
reinvestimento no monte dos ingresos totais

Descrición do medio

Superficie sobre ortofoto do monte de Castiñeiras

O monte obxecto de presente proxecto está situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa, comarca de Pontevedra e provincia homónima. Linda no seu extremo oeste co termo municipal de Marín. O concello pontevedrés de Vilaboa encádrase dentro da área de influencia das dous grandes cidades da provincia, Vigo e Pontevedra. A distancia dende a cidade de Vigo é de 16,4 quilómetros e máis preto atópase a capital da provincia a tan só 12,3 quilómetros.

Pola   súa   proximidade   á   costa,   Vilaboa   inclúese   na   franxa   costeira  Atlántica , pertencendo ás Rías Baixas. A citada franxa costeira é a mais dinámica dos eidos demográfico, social e económico de Galicia. Forma parte da comarca de Pontevedra.

 A situación xeográfica tamén pode definirse pola cartografía base na que se atopa localizado o monte veciñal de Santa Cristina de Cobres.

  • Follas do Levantamento fotogramético da Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda nº: 185-75, 185-84, 185-85, 185-86, 223-15, 223-16 a escala 1: 5.000 (realizado a partir dos voos de 1.994 e 1999).
    • Follas 185-III e 185-IV (Pontevedra), 223-II (Vigo) do Mapa Topográfico Nacional a escala 1:25.000 do I.G.N. Nos planos de situación e localización pode verse a ubicación do monte veciñal.

1.2      Posición orográfica e configuración do terreo

O monte veciñal de Santa Cristina de Cobres atópase entre as parroquias de Vilaboa, Santa Cristina de Cobres e San Adrián de Cobres e linda no seu extremo oeste co termo municipal de Marín.

O monte veciñal está emprazado no macizo do Morrazo. Na caracterización fisiográfica do monte cabe destacar a presencia do Coto Redondo, que cos seus 549,5  m.s.n.m. constitúe o punto máis alto do monte, e do Río Maior. Dende o Coto Redondo as cotas van descendendo en altitude cara o sur, formando valgadas en sentido NO-SE de pendentes pronunciadas que alcanzan o seu punto máis baixo no Río Maior, o monte ten polo tanto dúas vertentes ben diferenciadas, unha ao leste e outra ao oeste do Río Maior.

As altitudes extremas do monte oscilan entre:

  • Máxima: 549,5 m.s.n.m.
  • Mínima: nivel do mar.

As pendentes son en xeral medias-suaves, predominando o rango de entre 0-30% na maior parte da superficie.

1.2.1      Clima

No  monte  veciñal de  Santa  Cristina  imperan as  condicións  climáticas  propias dun réxime marítimo cálido que se caracteriza principalmente por ter abundantes precipitacións durante todo ano e por ter temperaturas medias suaves con veráns cálidos e invernos frescos.

Duración media del período quente

0-1 mes

Duración media del período frío

2-3 meses

Duración media período mais seco

1-2 meses

Pluviometría media anual

11200-1600 ml

Réximes  de humidade

Mediterráneo húmido

Temperatura máxima

24-28 ºC

Temperatura media anual

12-14 ºC

Temperatura mínima

4-6 ºC

Táboa 11: Datos climatolóxicos. Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

1.2.1.4         Xeoloxía

Xeolóxicamente, o monte de Santa Cristina participa de tres grupos litolóxicos diferenciados, na táboa en páxinas seguinte poden verse as súas características.

A parcela “Castiñeira” está ocupada maioritariamente por granitos alcalinos de dúas micas, aínda que está atravesada por un afloramento de Complexo Cabo D’Home – A Lanzada en dirección norte-noroeste – sur-sureste. Tamén presenta algunhas zonas no seu vento oeste ocupadas por rochas metamórficas.

As  parcelas  “Areeiros” e “Cabreira” están ocupadas na súa totalidade por granitos alcalinos de dúas micas. A parcela “Cabalo” está ocupada case completamente por granitos alcalinos de dúas micas, tan só ten dous pequenos afloramentos de Complexo Cabo Do Home – A Lanzada na zona noroeste.

As rochas ígneas, tanto pola súa extensión no monte, como pola súa tradicional utilización como áridos e materias de construción, forman o grupo litolóxico con maior interese dende o punto de vista económico.

Os solos sobre os materiais xeolóxicos de partida presentes no monte caracterízanse por unha granulación areenta; son soltos, pouco estruturados e moi permeables, polo que o fenómeno de encharcamento será escaso. Diferéncianse de forma substancial os solos desenvoltos sobre granitos e gneises dos chans formados sobre material esquistoso que son máis pobres e dan lugar a solos de menor profundidade e dificultade para o arraiga mento e desenvolvemento da vexetación. As características xerais deste tipo de solos resúmense na seguinte táboa:

TIPO DE SOLO

PERFIL

PROFUNDIDADE (cm)

TEXTURA

ESTRUTURA

PH

Ránker

A/C

< 30

Arxiloso

Regular

5,0 – 6,5

A;C

Areoso

Táboa 12: Características edáficas xerais

En pendentes que se poden clasificar de medias a fortes atópanse solos novos caracterizados por un perfil de tipo AC, formados sobre rochas compactas e ácidas , granitos e esquistos, predominantemente e sometidos á acción erosiva, o que impide un maior desenvolvemento. Son solos de cor parda con forte desintegración química, ricos en materia orgánica ben humificada, predominantemente mull ou moder mulliforme (Ránker gris distrófico).

Por outra banda en zonas de pendentes suaves e fondos de ladeiras chega a aparecer un  horizonte  (B)  empardecido,  tipo  da  terra  parda  oligotrófica.  Este  horizonte  aumenta

progresivamente de espesor a medida que diminúe a pendente na aba, convertendo gradualmente o chan en terra parda (Ránker pardo). Nas zonas altas, sobre todo, aparecen terras pardas podsolizadas, características das montañas do interior da provincia. Posúen formacións espesas de materia orgánica, humus moder groso con relación C/N elevada (> 20), son areosos e sen estrutura. Nas zonas baixas predominan as terras pardas oligotróficas; son solos pobres en sustancias nutritivas, de cor parda, ocre ou ocre clara, rico en materia orgánica humus moder, con relación C/N maior de 14, areosos ou areos o – limosos, fortemente ácido e con graos de saturación moi baixos.

Podemos concluír, que o solo ten as seguintes características:

  • Textura franco-areosa
  • Capacidade de drenaxe alta
  • Boa estructura
  • pH acedo
  • Abundante materia orgánica
  • Boa relación C/N
  • Fertilidade media – baixa

Polo tanto, a distribución de especies forestais estará limitada fundamentalmente pola profundidade do solo en determinadas zonas e, recoméndase o emprego de especies de marcado carácter acidófilo.

1.2.3      Posición hidrográfica

O monte veciñal de Santa Cristina pertence á demarcación hidrolóxica de Galicia- Costa, sistema de explotación 01. Río Verdugo, Ría de Vigo e Ría de Baiona. O organismo Augas de Galicia configura o elemento central da estrutura organizativa para a administración dos recursos hídricos na antedita demarcación.

 

Tal e como se observa na imaxe 11, a superficie do monte veciñal de Santa Cristina de Cobres repártese en dúas bacías, a dos Regos de Portiña e Río Maior e a do Rego da Sidra.

O monte de Castiñeiras é atravesado polo Río Maior en dirección norte – sur. Este curso de auga permanente pasa polos lugares de Cernadas, Paradellas e O Costal antes de verter as súas augas na Ría de Vigo, no areal de Riomaior. Ademais o monte veciñal está atravesado por cursos de auga intermitentes, estacionais ou variables, en función da época e da pluviosidade do ano, entre os que destacan o Rego do Asubián e Rego do Portiña, afluentes do Río Maior.

 

No resto de parcelas que compoñen o monte veciñal poden formarse pequenos cursos de auga estacionais de pouca importancia. Tal e como se recolle no informe sectorial de Augas de Galicia (Anexo XIX), no caso de que existan cursos fluviais de menor entidade aos cartografados por Augas de Galicia, seranlles de aplicación a normativa e lexislación de augas.

 

A xestión do monte veciñal verase polo tanto condicionada pola delimitación de zonas de servidume ou policía da rede hidrográfica. Na zona de estudio non existen zonas con potencial risco de inundación (ARPSI) nin zonas protexidas sinaladas no Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

 

1.2.3.1 Existencia  de  elementos  incluídos  no  Inventario  xeral  do  patrimonio cultural de Galicia. Afectación do Camiño de Santiago

 

A Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia é o referente normativo para acadar a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, así como a súa investigación e transmisión a xeracións futuras. Con este obxectivo creáronse tres categorías de bens definidoras da incidencia que cada un deles tivo no patrimonio de Galicia, e que en conxunto configuran o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia:

 

Bens declarados de interese cultural (BIC); representan o máis destacable dos bens mobles, inmobles e inmateriais, e á súa vez, poden pertencer a algunha das seguintes categorías: Monumento, Conxunto histórico, Xardín histórico, Sitio ou Territorio histórico, Zona arqueolóxica, Lugar de interese etnográfico, Zona paleontolóxica e os seus subsolos.

 

Bens catalogados; aqueles que, sen chegar a ser declarados de interese cultural, pola súa singularidade chegan a definir un territorio.

 

Bens inventariados; aqueles que merecen ser conservados

 

A relación de bens catalogados no monte veciñal de Santa Cristina recóllese na seguinte táboa, así como na cartografía do proxecto.

 

CLAVE

TIPO

Denominación

Rodais afectados

GA36058034*

Mámoa

Mámoa do Rei/ da Chan de

Castiñeiras VIII

0201, 0202

GA36058033 *

Mámoa

Mámoa da Chan de Castiñeiras VII

0201, 0202

GA36058010 *

Petróglifo

Petróglifo de Cotorredondo

1501,1502,1503, 1504

 

GA36058011

Asentamento

Calcolítico

 

A Cavada dos Burros

0301, 0302, 0303, 0401,

0402, 0403, 0404, 0405,

0602, 0603

GA36058012

Mámoa

Mámoa de Chan de Agrelo

0303, 0402, 0404, 0405,

0603,0604

GA36058A04

Achado

Achado de Monte dos Areeiros-Pista

2001

GA36026006

Mámoa

Mámoa de Outeiro de Ombra 1

1508, 1507, 1601, 1801,

1904

GA36026038

Mámoa

Mámoa de Outeiro de Ombra 2

1508, 1601, 1801, 1904

GA36026039

Mámoa

Mámoa de Outeiro de Ombra 3

1508, 1601, 1801, 1904

Táboa 17: Bens catalogados localizados en superficie comunal

 

* O Petróglifo de Cotorredondo e as Mámoas da Chan de Castiñeiras VII e VIII localízanse en terreo comunal, pero en superficie non obxecto de ordenación, xa que ditos terreos foron cedidos á Fundación Lago de Castiñeiras- Cotorredondo (Ver Apartado 1.1.5.9.

 

 

 

Páxina 10. Plano nº 3: Limitacións á xestión). Os rodais afectados pola súa área de protección recóllense na táboa anterior.

 

Ademais dos bens xa recollidos, existen outros nas proximidades do monte veciñal, cuxa zona de protección (establecendo como tal un radio de 200 m ao redor do xacemento ata aprobación final do PXOM) afecta á superficie do monte (Ver cartografía que se acompaña).

Recóllense estes na seguinte táboa:

 

CLAVE

TIPO

Denominación

Rodais afectados

GA36058014

Mámoa

Mámoa de Chan de Castiñeiras

II/Mámoa do Rei

0201

GA36058007

Mámoa

Mámoa de Chan de Castiñeiras I

0201, 0202

GA36026040

Mámoa

Mámoa de Outeiro de Ombra 4

1508, 1601, 1801,

1904

GA36026041

Mámoa

Mámoa de Outeiro de Ombra 5

1801, 1802, 1901,

1902, 1903, 1904

GA36026042

Mámoa

Chan de Armada

1802

GA36058009

Mámoa

Mámoa do Outeiro dos Asubións

0102

GA36058037

Petróglifo

Petróglifo da Chan da Rúa

0501

GA36058024

Petrogróglifo

Petróglifos da Chan dos Areeiros

2001

GA36058036

Petróglifo

Petróglifo de A Revolta

2001

GA36058021

Petróglifo

Petróglifo de Outeiro do Millo

2302, 2304

GA36058020

 

O Cuarto/Praia da Santa/A Santa/Tras do Adro

2302, 2304

Táboa 18: Bens catalogados cuxa superficie de protección afecta á superficie ordenada

(Visited 289 times, 1 visits today)