Parque Forestal de Cotorredondo

Durante as últimas dúas décadas, produciuse un importante cambio en canto aos beneficios que a sociedade demanda dos bosques. Dunha xestión  encamiñada esencialmente á produción de madeira evolucionouse cara ao concepto de manexo ou xestión sostible, onde os aspectos ambientais, sociais e culturais tenden a tomar tanta importancia coma a produción de bens.

A riqueza ecolóxica, paisaxística e etnográfica desta rexión descríbese a continuación: O Parque Forestal de Cotorredondo caracterízase pola súa riqueza xeomorfolóxica posuíndo zonas moi escarpadas e abruptas, debido tanto ó amplo número de fracturas existentes como á densidade de correntes fluviais, dotando ao lugar dun gran valor paisaxístico. Existen zonas que constitúen espectaculares miradoiros de ampla visibilidade, un deles onde está situado o parque forestal, que ocupa un espazo destacado pola súa altura e que nos ofrece unhas espectaculares vistas das Rías Baixas.

A meirande parte da superficie do Parque Forestal de Cotorredondo está arborada, sendo pouco significativa a superficie forestal ocupada por rasos.
A vexetación principal que existe nas parcelas que forman o parque forestal é a expresada no seguinte cadro, hai que ter en conta que os eucaliptos e as acacias invaden moitas destas parcelas impedindo o desenrolo das especies de frondosas que foron plantadas:

As características do sotobosque dependen do estado de desenrolo e densidade da masa, así como das características edafolóxicas. En xeral a composición específica deste sotobosque comprende especies de matogueira (Ulex spp. Pteridium aquilinum, Chamaespartium tridentatum, Cytisus striatus, Rubus ulmifolius), especies arbustivas e brinzais de vexetación accesoria coma
Quercus robur, Frangula alnus e Betula celtiberica pero sobre todo Acacia sp e Eucaliptus sp. Nas masas mais abertas aparecen especies máis heliófilas coma Calluna vulgaris, Halymium alyssoides, Daboecia cantabrica, Erica cinerea, Erica umbellata.

 

Existencia de elementos incluídos no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

A Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia é o referente normativo para acadar a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, así  como a súa investigación e transmisión a xeracións futuras. 

Con este obxectivo creáronse tres  categorías de bens definidoras da incidencia que cada un deles tivo no patrimonio de Galicia, e que
en conxunto configuran o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia:
Bens declarados de interese cultural (BIC); representan o máis destacable dos bens mobles, inmobles e inmateriais, e á súa vez, poden pertencer a algunha das seguintes categorías: Monumento, Conxunto histórico, Xardín histórico, Sitio ou Territorio histórico, Zona arqueolóxica, Lugar de interese etnográfico, Zona paleontolóxica e os seus subsolos. Bens catalogados; aqueles que, sen chegar a ser declarados de interese cultural, pola súa singularidade chegan a definir un territorio. Bens inventariados; aqueles que merecen ser conservados. 

A relación de bens catalogados no monte veciñal de Santa Cristina recóllese na seguinte táboa, así como na cartografía do parque.

As mámoas que aparecen co asterisco * están dentro da superficie establecida para o parque.Nas proximidades do parque existen mais restos arqueolóxicos das parroquias limítrofes que afectan á nosa superficie e son os seguintes:

Plano de vexetación e restos arqueolóxicos

Plano de vexetación

Localización dos restos arqueolóxicos e das distintas masas arbóreas
(Visited 10 times, 1 visits today)
Last modified: 29 Novembro, 2025

Comments are closed.