Parque Forestal das Barreiras
Este terreo pertencente á CMVMC de Santa Cristina de Cobres no que se creou en 2020 o parque forestal ten unha superficie de 44,29 has, emprazadas no concello de Vilaboa, provincia de Pontevedra. Na superficie destinada para o parque forestal están as cabeceiras do río Maior e de dous afluentes do Rego da Portiña, que verten as súas augas á ría de Vigo.
Na contorna do parque hai numerosos xacementos patrimoniais, os que afectan na súa área de afección á superficie do parque son os seguintes:
As partes do monte veciñal que se inclúen no parque forestal teñen unha vexetación constituída maioritariamente por masas produtoras e protectoras de frondosas novas, e algúns son rodais de carácter unicamente produtor destinados á madeira de eucalipto e piñeiro. O inconveniente principal á que se enfrontan estes terreos é á proliferación de matogueira e á invasión de especies foráneas tales como acacias negras, mimosas e mesmo o eucalipto fóra das
zonas onde está destinada a súa produción.
As infraestruturas de que consta o noso parque son a extensa rede de pistas forestais que o rodean. É importante subliñar a proximidade ó parque do Lago Castiñeiras, ó miradoiro de Cotorredondo e ao parque forestal de Cotorredondo situado ao norte do monte comunal e anexo a este. A cercanía a estes espazos fai moi atractiva a conversión destes terreos en parque forestal, xa que forman unha masa conxunta e contigua cos mesmos obxectivos: carácter produtor, protector e social do monte veciñal de Santa Cristina de Cobres.
Ademais o entorno do parque forestal está caracterizado pola súa riqueza etnográfica, histórica e paisaxística e cumpre un importante papel para manter a reserva de biodiversidade natural na contorna das Rías Baixas, uns montes especialmente castigados polos lumes forestais ó longo das últimas décadas.
As actuacións que se acometeron no ano 2019 – 2020 para a consolidación do parque forestal foron encamiñadas a contribuír a prevención de incendios forestais, a obter un tratamento integral e continuo dos traballos ó atoparse anexo a outros parques forestais, á riqueza dos valores paisaxísticos e ambientais, á diversificación dos usos e aproveitamentos do monte e á reducción de residuos. Con estas melloras acadarase maior riqueza da biodiversidade ecolóxica e se producirá un gran fomento dos recursos naturais do monte de Santa Cristina de Cobres.
(Visited 16 times, 1 visits today)
Last modified: 30 Novembro, 2025