Monte do Cabalo, un patín á ría

O monte do Cabalo está emprazado ao este da parroquia, situado entre os lugares de Mangüeiro e Barciela e toca na enseada de San Simón na Ría de Vigo. Ocupa unha superficie aproximadad de 26,50 hectáreas adicadas principalmente a producción de piñeiro pinaster e castiñeiro.

Aínda que a masa arbórea principal é o piñeiro pináster , o espazo tamén conta cun souto de castiñeiros de máis de 6 hectáreas de superficie e 1 hectárea de piñeiro radiata.

Este é un dos espazos do monte veciñal con máis superficie adicada a protección social. Este enclave de grande interese paisaxístico conta cun miradoiro de recente rehabilitación, e varias rutas de senderismo con grandes vistas á ría de Vigo.

Ademáis neste espazo tamén hai instalado un ponto de compostaxe xestionado polo Concello de Vilaboa mediante a cesión dos terreos que ocupa onde a veciñanza leva os restos das cortas e podas e tamén recollen compost xa feito.

Tamén se encontran as instalación deportivas do clube de fútbol de Vilaboa, o campo do Cabalo.

(Visited 5 times, 1 visits today)
Last modified: 1 Decembro, 2025

Comments are closed.