Cotorredondo é un espazo natural de gran valor paisaxístico enclavado no antigo Parque da Natureza da lagoa de Castiñeiras. A superficie correspondente á Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres é de 23.37 hectáreas .

Neste espazo enclávase o miradoiro de Cotorredondo, uha construción dos anos 50 do século pasado que conta con catro alturas e que ofrece umha visión de 360 graos sobre as rías de Vigo, Pontevedra e incluso Arousa nos días con condicións climatolóxicas idóneas. Na actualidade permanede pechado á espera de realizar obras que melloren a seguridade para os visitantes.

En canto ao entorno nas 23 hectáreas podemos atopar distintas especies de arborado. A máis numerosa é o pinus pinaster que ocupa unha superficie aproximada de 16 hectáreas.

O eucalipto glóbulus ocupada unha superficie de 2.62 hect. Esta especie está en proceso de substitución. Nos últimos  4 anos sustituíronse case 6 hect. desta especie por pinus pinaster.

As especies autóctonas, Carballo e Castiñeiro ocupan una superficie de 2.13 hect.

Outras especies de grande presencia son o pinus radiata, 1.15 hect. ou o carballo americano que ocupa 1.38 hect. do espazo total.

Tamén se poden atopar outras especies como o piñeiro silvestre, freixos e abetos.

 

(Visited 2 times, 1 visits today)
Last modified: 26 Novembro, 2025

Comments are closed.