Reiterados incumprimentos cos verquidos incontrolados de escombros

Ante a denuncia da veciñanza lugar do Piñón de contínuo tránsito de camións ao punto de compostaxe do monte do Cabalo, esta directiva poido comprobar que se seguen a producir verquidos incontrolados de escombros.

A pesares de que en reiteradas ocasións xa se lle notificou ao concello de que puxera fin a esta práctica, a día de hoxe o recheo con materiais procedentes de obras ou de asfaltados continúa a avanzar enterrando  xa os castiñeiros máis próximos.

O de manter o espazo limpo e controlado foi o principal requisito que se lle esixiu ao Concello de Vilaboa cando se fixo a cesión dos terreos, algo que claramente se está a incumprir. Outros dos acordos que se está a incumprir é que en ningún caso este espazo podía ser unha base loxística para actividades alleas ás de elaboración do compost, situación que se está a incumprir ao ser punto de almacenaxe dos novos contedores do lixo.

Nas últimas asembleas xerais de comuneiros/as foron varias as propostas de que se retirara a cesión ao Concello polos seus incumprimentos. Dende a directiva sempre se avogou por darlle tempo para que se fixeran os traballos necesarios para ter o lugar adecentado.

Ante os reiterados incumprimentos e se non se pon remedio urxente a esta situación non se descarta que na vindeira Asemblea Xeral a celebrar a comenzos de ano se propoña a rescisión dos terreos ao Concello de Vilaboa.

(Visited 30 times, 1 visits today)
Last modified: 18 Novembro, 2025