Como reclamar os danos en parcelas privadas durante a extinción do lume forestal do mes de agosto

Aqueles propietarios que sufriran danos nas súas parcelas privadas durante as tarefas de extinción do lume forestal do pasado mes de agosto e que afectou a unhas 70 hectáreas do noso monte, delas unhas 40 correspondentes a propietarios particulares, poden reclamar a reparación do dano causado polo paso dos buldocers.

O emprego desta maquinaria foi esencial para conter o avance das lapas abrindo cortalumes na fronte do lume. Temos que agradecer a labor dos operarios que manexaron estas máquinas en condicións extremas; de noite e por terreso con importantes desniveis.

Isto provocou danos en parcelas privadas que se pode reclamar a restitución das partes desfeitas das parcelas. Para iso deben facer unha reclamación no CONCELLO DE VILABOA na cal deben axuntar unha copia do BNI e unha certificación catastral da parcela afectada. A reparación dos danos vaina asumir a Consellería do Medio Rural.

(Visited 11 times, 1 visits today)
Last modified: 18 Novembro, 2025