Rematados os traballos de reforestación en Cotorredondo

No pasado mes de xuño remataron os traballos de reforestación nunha parcela de 3,30 Ha e nas que se investiron uns 12.000 euros.

Os traballos consistentes na eliminación de arborado de eucalipto globulus son ordear presentaron grandes dificultades xa que pola orografía do terreo houbo que facer numerosas vías de saca para a retirada da biomasa.

Trala eliminación da biomasa e o tratamento fitocida dos tocóns levouse a cabo a  plantación de 3630 plantas de piñeiro pinaster.

Estes traballos foron cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 cun importe de máis de 7.700 euros.

(Visited 6 times, 1 visits today)
Last modified: 24 Xullo, 2022