En marcha os traballos silvícolas do 2022

Xa se fixeron traballos de plantación de diversas especies nos lugares da Chamizada, Cotorredondo, Monte da Craveira e Monte do Cabalo.
Plantación mixta de castiñeiros e criptomeria xapónica en Cotorredondo na linde con Santomé de Piñeiro

Esta semana pasada veñen de rematar a primeira fase dos traballos silvícolas correspondentes ao ano 2022. Trátanse dos traballos de acondicionamento de terreo e plantación de diversas especies en varios rodais do monte veciñal.

No lugar da Chamizada procedeuse á plantación de case 4 hectáreas de pinus pinaster. No Monte do Cabalo leváronse a cabo traballos de eliminación de mimosa , acondicionamento do terreo e plantación dun cento de castiñeiros para produción de castaña. No monte da Craveira eliminouse a masa de piñeiros existente para facer un cambio de cultivo a especies frondosas como aciñeiras, carballosm pradairos e faias nunha superficie aproximada de hectárea e media. Por último na Chan de Castiñeiras na linde co monte veciñal de Santomé de Piñeiro levouse a cabo a eliminación dunha masa de eucalipto e acacia para facer unha plantación mixta de castiñeiros e criptomeria xapónica nunha superficie aproximada dunha hectárea e media.

Estes traballos forman parte da actividade silvícola prevista para o ano 2022 e que conta cun orzamento de 36.500 euros. Tamén se van a realizar traballos de poda en rodais de castiñeiros ou a eliminación de biomasa de eucalipto para facer cambio de cultivo a piñeiro nunha superficie de 8 hectéreas en Cotorredondo.

(Visited 19 times, 1 visits today)
Last modified: 6 Febreiro, 2022