A Asemblea anual de comuneiros/as aproba a xestión de 2021 e os traballos proxectados para 2022

Este pasado domingo 23 de xaneiro, ven de celebrarse a Asemblea Xeral de Comuneiros/as onde entre outros temas se aprobou o balanzo económico do ano 2021 e o orzamento e o plan de traballo para o ano 2022.

En canto aos traballos silvícolas executados durante o ano 2021, fixéronse distintas actuacións en diversos rodais sumando máis de 23 Has. cun investimento  de case 44.000 euros, que supoñen máis do 50% do total dos ingresos da Comunidade obtidos nese ano.

Respecto de ano 2022, aprobouse un orzamento en traballos silvícolas de maís de 63.000 euros para distintos traballos  nunha superficie aproximada de 29 Has. Cabe destacar a concesión de dúas subvencións, unha para reforestación (cambio de especie de eucalipto a piñeiro) e outra de poda e desbroce en rodal de frondosa por un total de 15.000 euros.

Tamén se aprobaron a proposta da Xunta Reitora de convenios co Concello de Vilaboa para a cesión dos terreos onde se ubican o Campo de Fútbol do Cabalo, O punto de compostaxe, mais o recheo do miradoiro. En relación ao convenio do punto de compostaxe, os comuneiros/as pediron que se obrigue ao Concello a que a instalación estea aberta os sábados pola mañá, xa que se deu o caso de que varios veciños/as tiveron que dar volta cando levaban restos de podas e desbroces ao depósito.

(Visited 23 times, 1 visits today)
Last modified: 24 Xaneiro, 2022