Arborétum do monte da Craveira

Este espazo do monte veciñal adicado a protección social está situado na parcela do monte comunal do mesmo nome. Ocupa unha superficie dunhas 4 hectáreas do total do 9 do monte. Está situado entre os lugares de Areeiros, Carballeira e Magarella, ao sur da parroquia.

Ata o ano 2015 esta parcela estaba adicada á producción de eucalipto e piñeiro principalmente. Despois dun proxecto de rehabilitación deste espazo transformouse no actual arborétum de coníferas.

Neste espazo de 3 hectáreas, divídese en seis bosques principais ocupados por Pinus Pinaster, Pinus Radiata, Pinus Pinea, Pinus Silvestris, Pinus Taeda e Cedrus Atlántica. Dentro deste espazo atópanse varios bosquetes de especies menos comúns como: Pinus Halapensis, Pinus Parviflora, Abies Excelsa, Cedrus Deodara, Pseudosutga Maziessi, Abies Pinsapo, Cedrus Deodara,  Cedrus Líbano, Abies con Cor, Taxus Bacatta, Pinus Densiflora ou Sequoia Sempervirens.

Ademáis, nesta parcela do monte veciñal de grande valor paisaxístico podemos pasear por roteiros entre soutos de castieiros ou bosques de frondosas variadas, como carballos, carballos americanos, acivros, faias ou bidueiros. Conta tamén cun miradoiro cunhas excelentes vistas sobre a Enseada de Larache, na Ría de Vigo.

(Visited 5 times, 1 visits today)
Last modified: 2 Decembro, 2025

Comments are closed.