Política de privacidade

Neste sitio web non se recadan os datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu consentimento, e non se ceden a terceiros. MONTESDECOBRES.GAL non utiliza rastros para recoller información dos usuarios, nin rexistra os enderezos IP de acceso. Unicamente se utilizan rastros propios, de sesión, con finalidade técnica (aqueles que permiten ao usuario navegar polo sitio web e a utilización das diferentes opcións e servizos que nel hai).

O portal do cal é titular MONTESDECOBRES.GAL contén ligazóns a sitios web de terceiros, as políticas de privacidade dos cales son alleas á de MONTESDECOBRES.GAL. Ao acceder a estes sitios web podes decidir se aceptas as súas políticas de privacidade e de rastros. Con carácter xeral, se navegas pola internet, podes aceptar ou rexeitar os rastros de terceiros dende as opcións de configuración do teu navegador.

Responsábel do tratamento

Os datos de carácter persoal que se puideran recadar directamente do interesado serán tratados de xeito confidencial e incorporaranse á correspondente actividade de tratamento de titularidade da CMVMC de Santa Cristina de Cobres, domiciliada a efectos de notificación en r/Barciela 31, Santa Cristina de Cobres. 36142 Vilaboa.

Lexitimación

O tratamento dos teus datos realízase para o cumprimento dos servizos que solicitas mediante a nosa web, sanitarios, socio-sanitarios e de formación, por parte de MONTESDECOBRES.GAL, así como cando a finalidade do tratamento requira o teu consentimento, que terás que dar mediante unha clara acción afirmativa.

Conservación de datos

Os datos personais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a cal se recadan e para determinar as posíbeis responsabilidades que se puideran derivar da finalidade, amais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

De xeito xeral non se comunicarán os datos personais a terceiros, agás obriga legal.

Dereitos dos interesados

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos dos seus datos que realiza MONTESDECOBRES.GAL.

Podes exercer os teus dereitos de acceso, emenda, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, perante a CMVMC de Santa Cristina de Cobres, con enderezo social na r/Barciela 31, Santa Cristina de Cobrres. 36142 Vilaboa (Po) ou no enderezo de correo electrónico montesdecobres@gmail.com.

Se non estás conforme coa maneira de atendermos os teus dereitos, podes presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Aprobación da política de privacidade

A política de privacidade será revisada e actualizada periodicamente dependendo das modificacións que se produzan na lexislación ou no tratamento dos datos por parte de MONTESDECOBRES.GAL. A política de privacidade exposta revisouse e actualizouse na data de 31.03.2021.

(Visited 100 times, 1 visits today)
Last modified: 4 Abril, 2021

Comments are closed.