Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.
TLF: +0034 693649504
A CMVMC de Santa Cristina de Cobres organiza unha andaina para coñecer o monte comunal, a situación dos distintos rodais, os traballos realizados nos derradeiros anos no proceso de ordenación así como os previstos para os próximos meses. Celebrarase o vindeiro 10 de xuño de 2018 a partir das 9:00 horas con inicio e remate no arboretum do monte da Craveira, no barrio de Areeiros.
Convócanse eleicións á Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Cristina de Cobres para o vindeiro domingo 20 de abril de 2018 a partir das 10:00 no local social da Casa dos Montes (Barciela nº 31).
A Xunta Reitora da CMVMC de Santa Cristina de Cobres convoca ás xuntas directivas das traídas de auga da parroquia, tanto as de abastecemento doméstico como ás de regadío que teñan condución soterrada, a unha xuntanza para abordar o problema da falta de sinalización das canalizacións das mesmas ao seu paso polo monte comunal.
Esta semana está previsto que rematen os traballos da primeira fase de creación dunha devasa natural no monte veciñal de Santa Cristina de Cobres, consistente na apertura dun cortalumes de 40 m de ancho e cunha lonxitude de 1.304 metros entre o núcleo habitado de Vilar e o lugar de Outeiro dos Asubións. Esta franxa descurre paralela ao linde co monte veciñal de San Martiño de Vilaboa.
A CMVMC de Santa Cristina de Cobres abre o prazo ata o día 20 de marzo de 2017 para que as empresas constructoras interesadas presenten ofertas para a rehabilitación da antiga reitoral parroquial. Esta edificación fóra adquirida ao Arzobispado de Santiago de Compostela no ano 2015 e tra-la rehabilitación adicarase a viveiro de empresas.
A Xunta Rectora da CMVMC de Santa Cristina de Cobres convoca a todos os/as comuneiros/as á Asamblea Xeral Ordinaria a celebrar no local social da Casa dos Montes (Barciela nº 31) o vindeiro domingo 22 de xaneiro de 2017, ás 09:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda e atendendo á seguinte orde do día:
6.1 AUTORIZACIÓN AO PRESIDENTE PARA A TRAMITACIÓN DE SUBVENCIÓNS E
APROVEITAMENTOS MADEIREIROS
6.2 SOLICITUDE DE JOSÉ GONZÁLEZ OTERO DE ABONO DE PARTE DA MADEIRA CORTADA NO MONTE DO CABALO.
6.3 MODIFICACIÓN CONTRATO ARRENDAMENTO ANTENA TELEFONÍA MÓBIL
7. ROGOS E PREGUNTAS
Santa Cristina de Cobres, 9 de xaneiro de 2017
A Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) levou a cabo durante os últimos meses unha campaña de eliminación de acacia negra (Acacia melanoxylon), popularmente coñecida como Australia, no entorno de Cotorredondo. Trátase dunha especie tremendamente invasora que está colonizando este entorno e que debido ao seu rápido crecemento e densidade acaba afogando ás especies que habitan neste espazo, no caso do monte veciñal de Cobres, castiñeiro (Castanea x Hybrida), carballo americano (Quercur Rubra) e piñeiro (Pinus Pinaster).
OBXETIVOS DO PROXECTO DE CREACION DO PARQUE FORESTAL
Co establecemento dun parque forestal nos terreos propostos do monte comunal, acadaranse unha serie de obxectivos que repercutirán positivamente no entorno, na saúde do ecosistema e na estimulación económica do municipio. Defínense a continuación:
Obxectivos encamiñados á prevención de incendios forestais:
Coas actuacións que se propoñen para realizar nas masas forestais acadaríamos a conservación e mellora das masas de frondosas autóctonas co fin de manter a biodiversidade e a saúde e sanidade destes bosques. Por conseguinte, a mellora do estado da paisaxe, mediante traballos de mantemento das masas de vexetación autóctona existentes, reducirá a carga de combustible, como medida de prevención e protección fronte ao lume.
A eliminación de especies invasoras e pirófitas coma o eucalipto e a acacia, verdadeiro problema a atallar neste espazo, de entre as formacións de bosquetes autóctonos favorecerá que no caso dun lume forestal este sexa de menor intensidade facilitando as labores de extinción.
As podas baixas e de formación que se realizarán nas frondosas favorecerán a sanidade e o desenrolo dos castiñeiros e carballos, creando copas mais resoltas nos seguintes anos que sombrearán o chan evitando a proliferación de matogueira e invasoras.
A actuación de roza con brazo de 2,5 metros de ancho nas marxes das pistas é outra das medidas de prevención de incendios dacordo coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada por a Lei 7/2012 de montes de Galicia.
Obter un tratamento integral e continuo dos traballos:
É moi importante para acadar os obxectivos perseguidos coa planificación do territorio facer que estas zonas a tratar non sexan illadas nin individuais, senón polo contrario, que teñan carácter de continuidade espacial e física. É un obxectivo máis a perseguir o de establecer a continuidade espacial e realizar un tratamento en todo o parque que afecte de forma integral, é dicir de forma que se vexan favorecidos os mesmos obxectivos en todo el .
A zona de actuación que se propón supón unha continuidade sobre o terreo, están fisicamente contiguas no espazo e perseguen uns obxectivos comúns.
Reunir esta cualidade de continuidade é esencial para a optimización do resto de obxectivos perseguidos, xa que a prevención fronte aos incendios será moito mais eficaz, a conservación da paisaxe, diversificación da biodiversidade e a comunicación entre especies que axuda a unha variabilidade xenética no ecosistema, vense favorecidos se cumprimos o obxectivo de manter as actuacións contiguas no espazo.
Coidado dos valores paisaxísticos, ambientais e forestais do ámbito
Grazas ao tratamento deste terreos como parque forestal e aos investimentos previstos facer segundo este proxecto, obteríase a conservación e mellora do patrimonio natural, paisaxístico e etnográfico do M.V.M.C de Sta. Cristina de Cobres, así como o fomento do uso social e recreativo do monte, mellorando a oferta de actividades didácticas e de lecer.
Diversificación dos usos e aproveitamentos do monte
- A posta en valor deste monte para uso e desfrute de visitantes e veciños mellorando as condicións do entorno para potenciar as visitas ao miradoiro e necrópole de Cotorredondo.
- Mellora do estado xeral da masa forestal e revalorización económica deste recurso mediante podas e rozas. Para obter no futuro madeiras de calidade tanto polos tratamentos silvícolas como pola eliminación de competencia nestas masas.
- Mellora do ecosistema coa plantación de especies autóctonas.
- Favorecer a proliferación de cogomelos, froitos do bosque e subprodutos como a mel.
- Dar un impulso á vida social, cultural e económica do lugar, dado que se agarda que haxa un aumento de afluencia de persoas nesta zona, tanto nas datas festivas da parroquia como nas fins de semana ou época estival.
Redución de residuos e economía circular
Acadar unha pequena e local economía circular. Xa que como consecuencia desta actuación obteríamos:
- Unha mellora dos resultados económicos e diminución do uso de recursos. Coas podas de formación e podas altas melloramos o valor da madeira no futuro e prodúcese unha mellora sanitaria da masa dende o momento no que se realizan. Deste xeito evitaremos problemas de propagación de enfermidades e de incendios que si houbera sí conlevarían un gasto e uso de recursos, así coma perdida de bens.
- Identificar e crear novas oportunidades de crecemento económico. Coa posta en valor deste espazo agárdase unha maior afluencia de persoas tanto a este parque coma ao cercano parque do Lago Castiñeiras, así que o núcleo de Sta Cristina de Cobres e parroquias veciñas veríanse favorecidas pola demanda dos visitantes da zona a lugares de restauración e servizos.
- Garantir a seguridade do subministro de recursos esenciais. O monte é un entorno que nos abastece de importantes recursos indispensables. A auga, a fixación de carbono, o osíxeno, o solo, a biodiversidade, a madeira como recurso e como fonte de enerxía, e os froitos do bosque son os recursos mais importantes que están asegurados se mantemos a calidade das masas forestais autóctonas. A súa conservación é indispensable para poder seguir desfrutando dos beneficios que nos aporta o monte.
- Loita contra o cambio climático e limitar os impactos medioambientais dos uso dos recursos. Favorecendo o mantemento de masas forestais autóctonas e a súa sanidade e conservación estaremos mellorando o futuro destes terreos, a súa resistencia fronte ós lumes e a preservación dos ecosistemas asociados a estas formacións.
XUSTIFICACIÓN DE INTERVIR.
Xustifícase a solicitude destas convocatoria de subvencións destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parque forestais, xa que se cumprirían os obxectivos definidos nestas axudas e así mesmo tamén se cumprirían a multifuncionalidade do monte (o uso social, o uso protector e o uso produtor) e os tratamentos previstos polo proxector reitor do monte.
Esta zona costeira do sur de Pontevedra está sufrindo nu serio problema de degradación do ecosistema debido aos continuos incendios forestais e á proliferación de especies invasoras. É por este motivo que require un especial coidado para o seu mantemento e conservación.
A proximidade do parque do Lago Castiñeiras, cunha grande afluencia de público polo seu valor paisaxístico, recreativo e ecolóxico é unha influencia significativa que fai que sexa de maior relevancia a creación deste parque forestal e posta en valor dos terreos de Cotorredondo para ofrecer ós visitantes un maior abano de servizos nesta contorna.
A existencia da necrópole formada por mámoas e un petróglifo enclavados nun entorno de alto valor paisaxístico converten a esta zona nun lugar moi visitado e de gran atractivo para os amantes dos valores naturais e culturais da nosa terra.
Tratarase de dinamizar a actividade turística do territorio mediante unha oferta de ocio respectuosa co medio e vinculada á conservación do patrimonio natural e cultural. Contribuirase á fixación da poboación a través da mellora do benestar social e medioambiental dos seus habitantes.
O MVMC de Sta. Cristina de Cobres ten en vigor un Proxecto de Ordenación aprobado con código de expediente PO-55, e autorizada a súa inscrición no Rexistro de Montes Ordenados (Resolución do 8 de xullo de 2016) .
Este proxecto recolle os plans previstos para este monte e que haberá que respectar coa creación do parque e non interferir nas decisións do Plan Especial previstas para os próximos anos.
Con respecto á planificación do Proxecto de Ordenación os usos previstos para o establecemento do parque forestal son compatibles coas medidas establecidas no Plan Especial, e ha de prevalecer o carácter forestal dos aproveitamentos. Non se ha de interferir cos obxectivos marcados no Proxecto de Ordenación nin comprometer o futuro das masas.
No caso de realizar sacas de madeira ou actuacións silvícolas nas parcelas obxecto de tratamento destas axudas ou nas próximas a estas, serían sinalizados estes traballos para garantir a seguridade dos visitantes e veciños e demais usuarios deste parque.
O Proxecto de Ordenación de Sta. Cristina de Cobres recolle entre os seus obxectivos xerais:
-Persistencia, conservación e mellora da capacidade produtiva do solo e do voo.
-Acada-lo máximo rendemento de utilidades á colleita en produtos, postos de traballo, aspectos recreativos, así como aos beneficios directos e indirectos.
-Constancia da renda.
-A procura do máximo de utilidades que se establecen como obxectivo xeral da ordenación e a existencia do uso do monte como parque forestal, fai preciso realizar un estudio de compatibilidades.
USOS |
Produción madeira |
Produción micolóxica e froitos |
Aproveitamento leñas e/ou mato |
Protecció n |
Uso social- recreativo |
Produción madeira |
-- |
þ |
þ |
þ |
þ |
Produción micolóxica e froitos |
þ |
-- |
û |
þ |
þ |
Aproveitamento leñas e mato |
þ |
û |
-- |
þ |
✓ |
Protección |
þ |
þ |
þ |
-- |
þ |
Uso social-recreativo |
þ |
þ |
✓ |
þ |
-- |
Pódese dar o caso de uso compatible(þ) compatible con restricións (✓) (estaría restrinxido algúns dos usos para garantir a seguridade e viabilidade) e incompatible û.
Como norma xeral non se considera ningunha incompatibilidade de usos, salvo no momento de levar a cabo os aproveitamentos, no que o uso produtor de madeira será incompatible no tempo co uso social ou de outros aproveitamentos,e o aproveitamento de leñas ou mato sería incompatible na época de recollida de cogomelos.
Xustificamos esta intervención se temos en conta:
A Lei 7/2012 de montes de Galicia fai referencia no artigo 88 aos Servizos do monte:
1. A Administración forestal e os propietarios poderán fomentar a creación e mellora de montes periurbáns para fins sociais e educativos, e regularán o desfrute baixo o principio do respecto ao medio natural.
A Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada na Disposición final primeira da Lei 7/2012 de montes de Galicia, recolle: Artigo 21 bis. Redes terciarias de faixas de xestión de biomasa
Nos espazos previamente definidos como redes terciarias de faixas de xestión de biomasa nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais do distrito, que en todo caso se actualizarán incluíndo as infraestruturas preventivas contempladas nos proxectos de ordenación ou xestión forestal no ámbito do correspondente distrito, será obrigatorio para as persoas responsables, nos termos establecidos no artigo 21 ter da presente lei:
a) Xestionar a biomasa vexetal na totalidade da superficie das infraestruturas de uso público ou áreas recreativas, así como nunha franxa perimetral de 50 m.
Os usos que posúe o monte polo seu carácter multifuncional xustifican así mesmo a necesidade de intervir;
Uso social:
• Por pertencer á área de influencia dos núcleos urbanos de Vigo e Pontevedra.
• Polo valor paisaxístico e etnográfico.
• Pola proximidade ao parque do Lago Castiñeiras
O estado de abandono provoca unha carga de visitantes baixa na zona, cunhas posibilidades para uso social e recreativo como as deste monte é unha mágoa que na actualidade non se atopen cubertas.
Uso protector
Debido ás características topográficas e edafolóxicas do lugar, dominada polas fortes pendentes, e por tratarse de un espazo forestal as medidas empregadas para mellorar o aspecto recreativo e de lecer non poden por en perigo a natureza do lugar debendo priorizarse a súa protección.
Favorecer o estado das masas é garantía do mantemento do suelo, da infiltración da auga de chuvia e da fixación do carbono. Pretender unha mellora no habitat favorece a estabilidade do ecosistema e da supervivencia de moitos seres vivos.
Protexese o solo da erosión, axudase á retención e infiltración de augas para os manaciais e retén carbono da atmosfera, tanto nas masas forestais como no propio solo.
Uso produtor
Existe un uso produtor de estes terreos que se manifesta na obtención de madeira, de leñas, e a cada vez máis valorada produción de cogomelos. Tradicionalmente por parte dalgúns veciños realízase colleita de mel neste e noutros montes cercanos .
ACTUACIONS.
Nomearemos os rodais coa nomenclatura empregada no proxecto de ordenación en vigor do monte de Sta Cristina de Cobres.
O cadro resumo das actuación que presentamos a continuación está ordenado polos rodais de actuación e as actuacións que se levan a cabo para cada rodal.
Rodal |
Superficie (ha) |
Actuación |
1801 |
4,80 |
Roza man e mec e poda baixa |
0003 |
2,97 |
Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac |
0004 |
1,50 |
Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac |
0202 |
6,99 |
Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac |
0201 |
1,16 |
Roza mecanizada |
0014 |
0,27 |
Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac |
0007 |
1,13 |
Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac |
0016 |
0,17 |
Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac |
0015 |
1,23 |
Roza, rareo e poda |
0012 |
0,58 |
Roza man e mec e plantacion |
0013 |
0,32 |
Roza mecanizada |
0006 |
0,37 |
Roza man e mec. Eliminar ac |
0010 |
0,87 |
Roza man e mec. Eliminar ac |
1506 |
0,51 |
Roza mec. Eliminar ac |
1501 |
0,33 |
Roza man e mec e poda baixa e tallas formaci¾n |
0009 |
0,69 |
Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac |
0011 |
3,00 |
Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac |
0002 |
0,60 |
Roza man e mec e poda baixa |
1508 |
1,27 |
Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac |
1601 |
8,94 |
Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac |
1507 |
7,62 |
Roza man e mec e poda alta. Eliminar ac |
0001 |
1,73 |
Roza mecanizada |
1503 |
0,91 |
Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac |
0005 |
0,51 |
Roza man e mec e poda baixa pi±eiros. Eliminar ac |
1502 |
0,11 |
Roza man |
1701 |
0,73 |
Roza mec. Eliminar ac |
|
|
Restauración dun cartel |
ELIMINACIÓN DE ACACIA NEGRA
Boa parte da superficie do parque, 9,26 has, está invadida por Acacia melanoxylon que ocupa as plantacións de frondosa existentes e fan perigar a estrutura da masa.
Correspóndese coas rodais 1801, 0015, 0012, 0013, 0010, 1506, 1501, 1508, 1601, 1507, 1503, 0005 e 1701.
Planifícase reducir a ocupación de ditas especies, priorizando a actuación sobre os rexenerados que se estenden polas superficies rasas. Realizarase a corta con motoserra, naquelas zonas onde non sexa posible mecanizar os traballos de roza, polo tamaño dos pés ou polas condicións de pendente.
Dado a elevada capacidade de rebrote das especies invasoras, tanto de cepa como por semente, será preciso a aplicación de tratamentos fitocidas e rozas sucesivas ata a súa eliminación.
A aplicación dos tratamentos fitocidas sistémicos para a eliminación de invasoras deberase realizar inmediatamente despois da corta, sobre a zona de corte, para aumentar a súa efectividade.
ELIMINACION DE EUCALIPTO
Outra especie invasora moi propagada neste parque é o eucalipto que ocupa unha superficie de 1 ha mesturada con outras árbores, polo que se planifica a eliminación para promover o desenrolo das frondosas. Nos rodais 0003, 0004 e 0202.
Os pés existentes non teñen aproveitamento comercial, polo que unha vez apeados deixaranse en cargadeiro, para que os comuneiros podan adquirilos para uso de leñas.
Trala corta do eucalipto, aplicarase o tratamento fitocida cando o rebrote acade os 50 cm de altura, repetindo o tratamento aos 15 días naquelas cepas nas que o primeiro non fora efectivo.
PLANTACION DE VEXETACIÓN AUTÓCTONA
60 ud, das cales 30 son érbedos e 30 son sobreiras, no rodal 0010 e 0011 sobre burato de 50x50x50cm feito con retroescavadora.
O fin destas plantacións é o de aumentar a diversidade, mellorar a calidade paisaxística e protexer os solos. Favorecerase ademais con esta actuación a creación de hábitats axeitados para refuxio e alimento da fauna.
A plantación farase rozando previamente a superficie, respectaranse a vexetación procedente de rexeneración natural que se considere de interese (sanguiños, espiños, etc...).
A roza é necesaria para reducir a competencia da vexetación preexistente sobre a planta e para dispoñer dun espazo axeitado onde posteriormente efectuar a preparación do terreo e plantación.
Co aburatado temperán, un mes antes da plantación, prepararemos o terreo e melloraranse as condicións edáficas, podendo sinalar entre outras:
• Aumento da profundidade útil do perfil
• Aumento da capacidade de retención de auga.
• Aumento da velocidade de infiltración de auga no perfil.
• Mellora da capacidade de penetración mecánica das raíces.
• Osixenación do solo sobre o que implanta a nova árbore.
Por último realízase a implantación vexetal de xeito manual sobre aburatamento mecanizado, con planta de menos de 1 m de altura.
A plantación sobre burato previamente aberto é a máis axeitada, ao permitir unha boa distribución dos sistemas radicais. Realízase con eixada, suxeitando a planta no buraco cunha man mentres que coa outra se vai enchendo con terra, que irá desprovista de pedras, e que deberá tapar algo por encima do colo da raíz da planta, para evitar que o posterior asentamento do terreo deixe esta parte tan sensible da planta exposta a axentes atmosféricos. Debe coidarse que a planta quede vertical e a continuación procederase, mediante lixeiros pisadas a redor da mesma, a comprimir a terra para garantir o íntimo contacto desta coa raíz e evitar que queden bolsas de aire que provocarían o secado da planta. É importante non tapar o colo da raíz, sobre todo en solos máis pesados, debendo quedar esta a ras de chan, xa que do contrario produciríanse retrasos no crecemento ou o secado desta por podredume do colo radical.
Para plantar, débense evitar os días de moito vento, por provocar rápidas desecacións non sistema radical, e os de fortes xeadas, xa que os solos apelmazados impiden un íntimo contacto da terra coa raíz, non conseguíndose deste xeito o arraigo da planta. Os días máis axeitados son os anubrado, con néboas ou choiva lixeira, sen chegar a provocar encharcamento no solo.
As plantacións non serán levadas a cabo na área de afectación dos restos arqueolóxicos.
ROZAS
A eliminación do mato efectúase por diversos motivos:
• Mellorar o acceso á masa e o uso recreativo da mesma.
• Facilitar a realización dos traballos de rareo e poda posteriores.
• Diminución de competencia.
• Redución do risco de incendios.
Segundo as condicións de pendente e pedregosidade que se dean en cada parcela a roza ha de realizarse de forma manual ou mecanizada.
Roza mecanizada (25,24 has): Consiste na eliminación da parte aérea do mato mediante unha rozadoira de cadeas acoplada a un tractor con potencia mínima de 100 CV de potencia. Os restos producidos ficarán esparexidos pola superficies dos rodais, favorecendo a mellora das condicións do solo. Este tipo de roza estará limitada pola pendente, a existencia de pedregosidade ou bens culturais e as características da masa forestal (densidade, distribución dos pés).
Realizarse sobre os rodais 1801, 0003, 0004, 0202, 0201, 0014, 0007, 0016, 0015, 0012, 0013, 0006, 0010, 1506, 1501, 0011, 0002, 1508, 1601, 1507, 0001, 1503, 0005, 1701. Co apeiro de brazo no trator pasarase a ambos lados das pistas ata un ancho de 2,5 metros.
Roza manual (0,69 has): Será empregada cando as condicións do terreo impidan a mecanización dos traballos. Farase principalmente arredor dos pés que poboan os rodais de actuación e naquelas zonas que se atopen dentro da área de protección e cautela dos xacementos arqueolóxicos.
Consiste en eliminar da parte aérea do mato mediante o emprego de rozadoiras manuais, e motoserras no caso de vexetación de elevado diámetro de tallo.
Nos rodais 0009 e 1502.
RAREO EN MASAS DE FRONDOSAS CADUCIFOLIAS
Consiste nunha corta de mellora sobre a masa co fin de seleccionar os mellores pés. Neste caso óptase por un rareo selectivo manual. En 0,69 has do rodal 0009.
Nestes rareos debe coidarase a intensidade da intervención, de modo que esta non sexa excesiva, é dicir con extraccións dun elevado número de pés dunha soa vez, e que os pés que queden non sexan moi esveltos, xa que serían bastante sensibles a roturas por vento ou neve. A intervención non debe supoñer unha redución da densidade maior ao 30%.
O tocón dos pes eliminados non deberá sobresaír máis de 10 cm do chan. Os pes a extraer, sacaranse segundo o seguinte criterio:
1º pes enfermos, mortos ou moribundos
2º pes dominados, mal conformados
3º pes de menor a maior diámetro
TALLA DE FORMACIÓN E PODA DE FRONDOSAS CADUCIFOLIAS
En 1,73 has do rodal 0001 de superficie acometerase a operación de talla de formación e poda ata 1/3 da altura da árbore que ten como finalidade a formación dun fuste continuo, dereito e vertical, no cal se manifeste nitidamente a dominancia apical. Está localizada na copa da árbore, debendo recortar e suprimir forquillas, dobres ou triples guías e tamén eliminar polas que comezan a engrosar moito ou son moi verticais e poden chegar a competir coa guía terminal.
PODAS
Poda alta sobre 3.01 has
Nos rodais 0012, 0013, 0009, 1503 e 0005.
O obxectivo principal da poda é conseguir a maior cantidade posible de madeira libre de nós. As podas tamén constitúen unha eficaz labor de protección da masa, servindo de prevención contra a propagación dos incendios forestais, xa que rompen a continuidade entre as polas das árbores e o mato.
• Os obxectivos que se pretenden cumprir resúmense a continuación:
• Mellorar o porte da árbore e obter un fuste limpo e libre de nos.
• Protección da masa, diminuíndo o perigo de propagación dos incendios.
• Mellora do estado fitosanitario da masa. As podas producen un favorable efecto de aireación basal das árbores, o que limita o desenrolo de fungos que provocan enfermidades.
A poda terá unha altura mínima de 2 m e máxima de 6 m, en ningún caso sobrepasando a altura da metade da árbore.
É importante realizar o corte correcto, que será limpo e próximo ao tronco, sen deixar muñóns. Respectarase o rodete basal de inserción para non facer unha sección de corte excesivamente grande e para facilitar a cicatrización.
A mellor época soe ser antes do comezo da actividade vexetativa, a principios da primavera, xa que a cicatrización é máis rápido.
Tódolos restos dos coidados culturais no voo, con diámetro en punta grosa superior a 6 cm, serán triturados in situ, picados a menos de 50 cm de lonxitude e distribuídos de forma homoxénea, mediante rozadoira de cadeas acoplada a tractor forestal.
Poda baixa sobre 14,41 has
A poda de ata 2 metro cando a altura da árbore sexa de 5-7metros e o diámetro normal medio de 10cm, en ningún caso sobrepasando a altura da metade da árbore. Serán obxecto de poda tódolos pés incluídos nos rodais 0003, 0004, 0202, 0014, 0007, 0016, 0015, 0010, 1506, 1501 e 0001.
A época de realización da poda non ten moita importancia cando se trata de polas mortas. Se pola contra estas son vivas a labor levarase a cabo durante os meses de agosto a febreiro. Non se debe podar máis aló do mes de febreiro para asegurar a cicatrización das feridas antes da época de posta dos insectos xilófagos ou outros que lle poidan causar danos ás árbores.
Documentos:
O vindeiro sábado 20 de febreiro de 2016 a partir das 19:30 horas celebrarase no local social da Casa dos Montes unha Asamblea Xeral Extraordinaria de comuneiros/as para aprobar a doble certificación FSCTM e PEFC© para o monte comunal.
O vindeiro domingo 31 de xaneiro a partir das 11:30 horas, os comuneiros e comuneiras de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) están convocados á asamblea xeral anual onde se dará conta do informe de xestión correspondente ao ano 2015 e o plan de traballo e orzamento para o ano 2016.
A Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres organiza un curso de formación para manexo de maquinaria en traballos forestais. Celebrarase os días 24 e 25 de setembro en horario de mañá no local social da Casa dos Montes da parroquia e ten unha duración de 11 horas, dúas teóricas e as restantes de práctica no monte.
Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.