A comunidade saca a concurso os traballos da primeira fase da rehabilitación

A partir deste momento as empresas construtoras poden facer ofertas para a execución dos traballos correspondentes á primeira fase da rehabilitación da vella reitoral. Estes consistirán na limpeza e consolidación dos muros exteriores e interiores, desescombro do interior, construción de soleira e da cuberta. Tamén se rehabitirá a lareira previo desmontaxe da mesma para restaurar as pezas de cantería rotas.

As empresas interesadas poden solicitar información e envio de memoría e planos ao enderezo electrónico montesdecobres@gmail.com. O prazo para a presentación de ofertas remata o 31 de marzo de 2022 e o prazo de execución das obras será de 6 meses a  partir da sinatura do contrato.

(Visited 79 times, 1 visits today)
Last modified: 13 Marzo, 2022