Foi un dos acordos por unanimidade acadados na derradeira asemblea xeral de comuneiros/as de Santa Cristina de Cobres  celebrada a pasada fin de semana, demandar do concello de Vilaboa a licenza de obras para acometer as obras de rehabilitación da vella reitoral.

O presidente César Blanco expuxo na asemblea que se leva agradando dende agosto de 2015, unha vez que xa se lograran as autorizacións de Patrimonio e Fomento por estar afectada pola AP9. Respondéronse aos requirimentos feitos en prazo, o último a comezos de 2019 para asinar as cesións públicas, máis desde entón non se teñen noticias do asunto. Unha vez constituído o novo goberno saído das eleccións locais de maio de 2019, nunha xuntanza celebrada avanzárase que a concesión da licenza non se demoraría moito, máis comprobamos que actos non se corresponden coas palabras.

Os veciños mostraron o seu malestar con esta tardanza, pois unha vez que se fixo un importante esforzo económico na compra, agora non se pode completar coa restauración debido a desidia do goberno municipal.

A Xunta Reitora reservou nos orzamentos deste ano 2020 unha partida de preto de cincuenta mil euros para acometer unha primeira fase dos traballos consistentes no tratamentos dos muros de cantería e a construción da cuberta par impedir que a auga continúe a aumentar o seu deterioro.  A cheminea da lareira corre un importante risco de derrube.

Cabe destacar que esta construción cunha antigüidade de arredor de catrocentos anos e a construción máis antiga da parroquia e principal herdanza da arquitectura civil.

(Visited 95 times, 1 visits today)
Last modified: 4 Abril, 2021